Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer vitae adipiscing elit. Aenean commodo ligula eget ut, dolor. Aenean massa. Cum sociis pretium qui asem. Nulla consequat massa quis.

Popular Post

Sign up for newsletter
[contact-form-7 404 "Not Found"]

Blog

galiza_horizontal-01

O salto en Galiza

Cada vez somos máis as voces que reclamamos a necesidade de construír un medio propio sustentado nas persoas, unha multiplataforma comunicativa desde a que narrarmos a nosa realidade en primeira persoa, un altofalante desde o que amplificar as múltiples voces que desde abaixo e á esquerda traballamos pola transformación social. Unha ferramenta, en definitiva, que contribúa a desmontar o discurso hexemónico que afirma que non existen alternativas ao egoísmo e ás desigualdades actuais. Galiza Ano Cero naceu hai xa case 4 anos coa vontade de traballar nestas coordenadas, coa intención de sermos un punto de partida, onde todas e todos poidamos ir participando e encaixando, para disputar ese sentido común que nos dirixe cara un mundo arrasado polas inxustizas do mercado, e recuperalo para as maiorías sociais.

Somos un dos máis de vinte colectivos e medios de todo o Estado que estamos a participar do SALTO, coa intención de artellar unha nova plataforma, potente e global, que estará financiada polas súas lectoras e lectores, e que reunirá as inquedanzas de todos os territorios do Estado. Un grande reto, ambicioso e necesario, que precisa da implicación de todas e de todos nós. Hoxe, luns 28 de novembro, comeza unha campaña que procura acadar o maior número de apoios individuais e colectivos, nun proceso que se desenvolverá ao longo dos vindeiros seis meses, artellado a través do blogue Saltamos.net. Un longo camiño con diferentes etapas ata que o novo medio de comunicación estea a pleno rendemento.

Nestes momentos, xunto con outros medios e xornalistas do país, estamos a traballar no deseño da edición galega: web, papel e multimedia. Todo isto sen deixarmos de producir os nosos contidos habituais e mantendo a nosa identidade e independencia, pero apostando por un espazo común, baseado na colaboración e non na competencia, dende o cal darlle a volta á comunicación en clave galega e con impacto estatal. Pensamos que é unha oportunidade para construirmos un medio alonxado da lóxica mercantilista, independente e baseado no apoio mutuo. Un punto de encontro e debate, un medio financiado e dirixido pola xente, un salto cara adiante para o que é precisa a participación de todas e de todos nós, onde a diversidade sexa tamén a nosa maior riqueza. Saltamos?

Comments

  • Xosé Antón
    REPLY

    Que porcentaxe do novo medio de comunicación (web, multimedia e, sobre todo, papel) se editará en galego? Moitas grazas.

    30 noviembre, 2016
  • Domingo Pose
    REPLY

    Ola, eu tamén teño interese en saber como estarán representadas as linguas do estado.

    1 febrero, 2017
  • Sine
    REPLY

    E sobretodo interesados en que saian novas de aquí, que se destapen intereses e corruptelas, que se publique o que está a contecendo na Galiza de cotío e críticamente, independentemente do idioma no que se publique.

    21 febrero, 2017

Comenta

Your email address will not be published. Required fields are marked *