Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer vitae adipiscing elit. Aenean commodo ligula eget ut, dolor. Aenean massa. Cum sociis pretium qui asem. Nulla consequat massa quis.

Popular Post

Sign up for newsletter
[contact-form-7 404 "Not Found"]
galiza_def

O Salto Galiza

 

Parece claro que a sanidade, a educación e a protección social son dereitos básicos para as persoas. Todas somos conscientes do que supón a súa privatización e mercantilización. Que pasa coa información? Temos que reivindicala tamén como dereito básico que é, dereito a unha información libre, veraz e contrastada.

Mais a liberdade de información está distorsionada. A pluralidade que nos venden baséase no “libre mercado”, cuns medios concentrados en poucas mans, financiados por grandes empresas ou apoiados polo poder político que toque. O que se publica e como se publica obedece a determinados intereses, e non adoitan ser os das maiorías sociais. Nós non queremos ser neutrais, estamos situadas. Non xogamos á fraude da obxectividade.

Aí están os medios comunitarios e os alternativos, que dependen dos seus lectores e fomentan o pensamento crítico para a transformación social. E aí é onde nos encadramos os máis de 20 medios que decidimos artellar O Salto, sumando inquedanzas desde todos os territorios/nacións do Estado baixo unha lóxica colaborativa que permita chegar máis alá das nosas contornas.

O Salto-Galiza agroma como aposta por un espazo común, eliminando barreiras e condicionantes que afectan o dereito á información. Ofrecemos un medio que rexeita a publicidade masiva, que fuxe da dependencia de partidos políticos ou outras afiliacións, en favor dunha total autonomía informativa. Así, afondaremos naqueles temas que non saen nos grandes medios.

Neste camiño, non queremos competir con outras. O noso único obxectivo é informar, facéndoo desde onde nos situamos, no noso país e coa maioría social agredida polo sistema.

Queremos construír unha axenda propia. Galiza non é só a Xunta, nin os concellos… nas rúas, a xente móvese, construíndo iniciativas que permanecen invisibilizadas e queremos darlles voz

 

galiza_numero0_def

O Salto Galiza é a publicación mensual en papel dun medio que tamén terá formato web, que pretende ser aberto e colaborativo. Queremos ser o voso altofalante de todo aquilo que consideredes importante, máis aló do que nos marquen desde a “actualidade”. Queremos construír unha axenda propia. Galiza non é só a Xunta, nin os concellos… nas rúas, a xente móvese, construíndo iniciativas que permanecen invisibilizadas e queremos darlles voz.

Para que isto sexa unha realidade precisamos do teu apoio, pedímosche que sexas ti quen valore o noso traballo e nos axude a dignificalo. Este proxecto só será posible co apoio económico da xente. Se valoras o xornalismo independente, podes colaborar en construír esta nova ferramenta. Porque, ou construímos a nosa propia comunicación, ou será alguén quen o seguirá a facer por nós.

Mais información: galiza@saltamos.net

Selección de páxinas do Salto Galiza

Comments

  • Xosé María
    REPLY

    Quen forma parte de O Salto galiza?

    1 marzo, 2017
    • Periferias
      REPLY

      Pois mercando a revista mensal que xa atopas nos quioscos podes ver quen fai parte do medio. Por exemplo.

      29 mayo, 2017
  • marinela
    REPLY

    Ola, Salto
    A que enderezo debemos dirixirnos para enviar información de actos que fagamos, por se queredes publicalos?
    Grazas!

    2 marzo, 2017
  • oscar fernandez
    REPLY

    O Salto en galego é unha represa de auga 🙂
    Por qué non O Pulo?
    Parabens, xa tendes un seguidor.

    17 agosto, 2017

Comenta

Your email address will not be published. Required fields are marked *